ANTÓN RUANOVA VOLTA AO TRÍATLON PROFESIONAL

ANTÓN RUANOVA VOLTA AO TRÍATLON PROFESIONAL

ANTÓN RUANOVA VOLTA AO TRÍATLON PROFESIONAL

Din que a vida da segundas oportunidades, aínda que eu non sei se simplemente aparecen ou as persegue un. Sexa como fose, aquí estou. Hai dous anos abandonei o deporte profesional, cansado de ollar cómo me pechaban as portas de meu soño: debutar e competir cos mellores no Campionato do Mundo. Cansado da falta de oportunidades a pesar de ser dúas veces subcampión de España Elite e top-14 nas tres Copas do Mundo DO que disputei.

Non é sinxelo dicir adeus a algo polo que tanto se loitou. Menos aínda facelo no mellor momento da túa carreira, pero ollei cara adiante e ilusioneime cun novo proxecto. Tras pasar as distintas probas de acceso, conseguín unha prestixiosa bolsa de ICEX España Inversión y Exportaciones para proseguir a miña formación e traballar.

Tanto estudando o Mestrado en Xestión Internacional da Empresa (2014) como traballando na Oficina Comercial de España en Brasilia (2015), o deporte perdeu o papel preponderante na miña vida, pero seguíame acompañando no meu tempo libre. O deporte motívame, libérame, reláxame. En definitiva, faime mellor persoa.

Sorprendentemente, adestrando no meu tempo libre, conseguín realizar algunha das las mellores carreiras da miña vida (4º na última etapa da Bundesliga de Tríatlon e 3º no circuíto profesional de tríatlon brasileiro). Resultados que inician unha serie de conversas infantís, más desexos que realidade, para mudar a miña nacionalidade deportiva de España a Brasil.

Así plántome no 2016. O derradeiro ano da Bolsa de ICEX consiste en traballar na internacionalización dalgunhas das mellores empresas españolas, para o que nos formamos dous anos. Por outro lado, esas conversas toman corpo e se torna real a oportunidade deportiva que sempre desexara: un camiño sen trabas que podería abrir e profundar en función dos meus acertos.

Aí se presenta o dilema. ¿A tranquilidade dun bo traballo nunha boa empresa ou a incertidume do deporte profesional? ¿A seguridade económica dun bo soldo a fin de mes ou a incerteza absoluta dunha remuneración en función dos resultados nas probas? ¿A confianza de estar no teu país, na túa casa coa xente que amas ou a aventura constante de viaxar dun lado para outro? Pero tamén ¿a opción de ser un máis ou perseguir un soño e sentir como se arrepía a pel a cada instante?

Escribo xa desde o Brasil, o país que sen regalarme nada, me abre as súas portas para poder continuar ese soño que deixei aparcado en 2013: poder debutar no Campionato do Mundo e pelexar cos mellores. Obrigado Brasil. No horizonte aparece debuxado o rótulo de Toquio 2020. Penso en poder loitar por estar nuns Xogos Olímpicos e percórreme un arrepío de ledicia. O camiño é longo, incerto e duro. Pero tamén é apaixonante e síntome máis confiado e capaz do que nunca.

Case tres años despois, a miña volta ao mundo ITU as competicións internacionais será o 20 de marzo en Valparaíso, Chile. Moitas cousas mudan desde a miña última proba ITU, a Copa do Mundo de Alacante 2013.O meu país, de ESP a BRA, pero sobre todo a certeza de estar facendo o que máis quero facer. Hai situacións que só se ven mellor desde a distancia, e estes dous anos lonxe do deporte profesional axudáronme máis de lo que podería imaxinar para voltar hoxe con máis forza.

#Lume!

0 comentarios:

Contacta Conmigo

Escríbeme, te contesto rápidamente

  • Rúa Piñeiro De Villestro 38.
    15896-Santiago De Compostela. Galicia
  • Solo Whatsapp: +34 656 914 531
  • antonruanova@gmail.com
  • www.antonruanova.run