MASTER CLASS NATACIÓN 06/02 NOIA

MASTER CLASS NATACIÓN 06/02 NOIA

MASTER CLASS NATACIÓN 06/02 NOIA


Queres darlle un impulso á tua natación? Estás canso de facer metros e non ver melloras nos teus tempos nas probas?

É a tua hora. Non sigas facendo o mesmo se pretendes cambiar. O sábado 6 de febreiro teremos unha Master Class de Natación na Piscina Municipal de Noia. Traballaremos aspectos técnicos e psicolóxicos para establecer unhas pautas individualizadas de melloras.

As prazas son limitadas. O custo é de 20 €, e inclúe o regalo dunha banda elástica Fitband para aquecer e fortalecer e tamén un vídeo con análise técnico individualizado do nado desde fóra e dentro da auga.

A clase comeza desde o mesmo momento no que decides formalizar a tua inscrición. Para elo, envía un email a antonruanova@gmail.com e enviarémosche as instruccións e un cuestionario para coñecer as tuas inquietudes e os teus obxetivos.


Comezaremos cunha presentación dos asistentes e dos seus obxetivos, antes de aquecer e realizar un importante traballo de fortalecemento para previr posibles lesións.

Un aquecemento que tamén levaremos a cabo na auga, como paso previo ao traballo técnico nas cinco fases da brazada: entrada, agarre, tirón, impulso e recobro. Realizaremos exercicios adaptados a cada unha das fases e ás necesidades de cada deportista.

Finalmente faremos unha introdución á natación en augas abertas, poñendo ó énfase nas particularidades do nado en triatlón. 

Será o momento da grabación de vídeo personalizada, tanto subacuática como desde fóra da auga.

Uns estiramentos porán fin á clase do día, pero non ao proceso de mellora. Comeza o fluxo de información individualizada cos puntos fracos de cada deportista, que se mostrarán no vídeo, e as recomendacións de mellora igualmente individualizadas.

Vémonos o sábado 6 en Noia. Inscríbete e/ou resolve calquera dúbida no email: antonruanova@gmail.com. Lume!!!


0 comentarios:

Contacta Conmigo

Escríbeme, te contesto rápidamente

  • Rúa Piñeiro De Villestro 38.
    15896-Santiago De Compostela. Galicia
  • Solo Whatsapp: +34 656 914 531
  • antonruanova@gmail.com
  • www.antonruanova.run