ANTÓN RUANOVA EN "OS EXTRAORDINARIOS" DA TVG

ANTÓN RUANOVA EN "OS EXTRAORDINARIOS" DA TVG


Programa da Televisión de Galicia "Os Extraordinarios" co triatleta Antón Ruanova.

Unha serie documental que nos achega a esa xuventude que loita cada día por saír adiante. En diferentes sectores, con diferentes perfiles, en ambientes diferentes “os extraordinarios” afástanse dos “ni-ni”, quén nen estuda nen traballa, acercándonos a unha xeración impresionante de emprendedores, de persoas que loitan cada día por sacar os retos máis diversos adiante, comenzando polo proxecto máis importante: a propia vida.

Esta é a vida ordinaria de xente extraordinaria, dunha xeración á conquista dun futuro:  quebrando clichés de folgazanería, desinterés e falla de compromiso, temos unha xeración de xente xove á que merece a pena coñecer.