Din que a vida da segundas
oportunidades, aínda que eu non sei se simplemente aparecen ou as persegue un.
Sexa como fose, aquí estou. Hai dous anos abandonei o deporte profesional,
cansado de ollar cómo me pechaban as portas de meu soño: debutar e competir cos
mellores no Campionato do Mundo. Cansado da falta de oportunidades a pesar de
ser dúas veces subcampión de España Elite e top-14 nas tres Copas do Mundo DO
que disputei.
Non é sinxelo dicir adeus
a algo polo que tanto se loitou. Menos aínda facelo no mellor momento da túa
carreira, pero ollei cara adiante e ilusioneime cun novo proxecto. Tras pasar
as distintas probas de acceso, conseguín unha prestixiosa bolsa de ICEX España Inversión y Exportaciones
para proseguir a miña formación e traballar.
Tanto estudando o Mestrado
en Xestión Internacional da Empresa (2014) como traballando na Oficina
Comercial de España en Brasilia (2015), o deporte perdeu o papel preponderante
na miña vida, pero seguíame acompañando no meu tempo libre. O deporte motívame,
libérame, reláxame. En definitiva, faime mellor persoa.
Así plántome no 2016. O
derradeiro ano da Bolsa de ICEX consiste en traballar na internacionalización dalgunhas
das mellores empresas españolas, para o que nos formamos dous anos. Por outro
lado, esas conversas toman corpo e se torna real a oportunidade deportiva que
sempre desexara: un camiño sen trabas que podería abrir e profundar en función
dos meus acertos.
Aí se presenta o dilema.
¿A tranquilidade dun bo traballo nunha boa empresa ou a incertidume do deporte
profesional? ¿A seguridade económica dun bo soldo a fin de mes ou a incerteza
absoluta dunha remuneración en función dos resultados nas probas? ¿A confianza
de estar no teu país, na túa casa coa xente que amas ou a aventura constante de
viaxar dun lado para outro? Pero tamén ¿a opción de ser un máis ou perseguir un
soño e sentir como se arrepía a pel a cada instante?
Escribo xa desde o Brasil,
o país que sen regalarme nada, me abre as súas portas para poder continuar ese
soño que deixei aparcado en 2013: poder debutar no Campionato do Mundo e pelexar
cos mellores. Obrigado Brasil. No
horizonte aparece debuxado o rótulo de Toquio 2020. Penso en poder loitar por
estar nuns Xogos Olímpicos e percórreme un arrepío de ledicia. O camiño é longo,
incerto e duro. Pero tamén é apaixonante e síntome máis confiado e capaz do que
nunca.
Case tres años despois, a miña
volta ao mundo ITU as competicións internacionais será o 20 de marzo en
Valparaíso, Chile. Moitas cousas mudan desde a miña última proba ITU, a Copa do
Mundo de Alacante 2013.O meu país, de ESP a BRA, pero sobre todo a certeza de estar
facendo o que máis quero facer. Hai situacións que só se ven mellor desde a
distancia, e estes dous anos lonxe do deporte profesional axudáronme máis de lo
que podería imaxinar para voltar hoxe con máis forza.
#Lume!
0 comentarios:
Publicar un comentario